Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

CCOO esixe a modernización de Navantia-Ferrol para non pór en perigo a viabilidade do estaleiro

  • O sindicato critica que a empresa pública non solicite os fondos europeos dispoñibles, o que fará que «corran risco» diversos proxectos

A Federación de Industria de CCOO de Galicia esixe a modernización do estaleiro público de Navantia en Ferrol para non pór en perigo a súa viabilidade. O sindicato insta a implicación da dirección da empresa e do ámbito político, porque só así haberá «garantías de futuro» para reducir os custos e os prazos de execución dos traballos.

14/10/2020.
Un momento da conferencia de prensa

Un momento da conferencia de prensa

Segundo CCOO, o estaleiro está «nun momento crítico» no que ten que «definir o barco de referencia para os próximos vinte anos». Neste sentido, o proceso de construción ha ser «acorde cos procesos actuais» para poder competir en prazo e custo.Para isto é fundamental construír «decontado» un dique seco cuberto, que permitiría aforro en diñeiro e en prazos. Segundo os estudos da propia empresa, a conversión das instalacións de Ferrol nun estaleiro 4.0 implicarían a redución dun 10 % do prezo final dun barco, así como rebaixar os tempos de construción ?unha nova fragata estaría lista en 45 meses en vez de en 60.Este proxecto tamén esixiría contar cunhas instalacións «máis seguras e menos contaminantes». Ademais, as obras serían «sustentables desde o punto de vista social, coa xeración de emprego nunhas comarcas que sufriron dúas crises» en pouco tempo.Fondos europeosCCOO lembra que para financiar esta infraestrutura sería posible utilizar fondos europeos, por iso critica que a dirección da empresa pública non teña prevista esta opción, o que fará que «corran risco» diversos proxectos de construción no estaleiro. «É unha obra máis que xustificada economicamente, nun sector estratéxico e nunha zona especialmente afectada polas crises económicas das que depende o seu futuro», insiste a Federación de Industria.